Cargando resultados...
Os Estados Unidos lanzan ataques contra Irán tras acusalo de agredir barcos comerciais en Ormuz
"As accións de Irán foron inxustificadas, perigosas e unha clara violación do alto o fogo", afirmaron fontes militares estadounidenses
REUTERS/Kim Soo-hyeon/File Photo
G24.gal
07/07/2026 23:40
As forzas do Comando Central dos Estados Unidos (Centcom) comezaron este martes unha serie de ataques contra Irán en resposta ás agresións iranianas contra tres embarcacións comerciais que transitaban polo estreito de Ormuz, segundo informou o mando militar estadounidense.
"As accións de Irán foron inxustificadas, perigosas e unha clara violación do alto o fogo", afirmou o Centcom na súa conta de X, na que acusou Teherán de atacar barcos comerciais tripulados por "civís inocentes" nunha vía marítima internacional.