Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Estados Unidos bombardean novos obxectivos en Irán

Os Estados Unidos bombardean novos obxectivos en Irán

O segundo ataque desta semana prodúcese no medio do incremento da tensión en Ormuz e tras as ofensivas iranianas contra bases estadounidenses

Irán responde atacando bases estadounidenses en Xordania

 

 

Militar estadounidense a bordo do USS John Paul Jones no estreito de Ormuz. Europa Press. Militar estadounidense a bordo do USS John Paul Jones no estreito de Ormuz. Europa Press.
G24.gal 01/09/2026 19:32 Última actualización 01/09/2026 23:11

O Exército dos Estados Unidos bombardeou este martes Irán por segunda vez nunha semana no medio dun incremento das tensións no estreito de Ormuz e as ofensivas iranianas contra bases estadounidenses, segundo informou o Comando Central dos EUA.

O organismo militar, con sede en Florida, sinalou nas súas redes sociais que ás 18.00h, hora galega, "as forzas dos EUA, comezaron a executar ataques contra obxectivos do Corpo da Garda Revolucionaria Islámica en Irán", sen precisar cales.

"Os ataques prodúcense tras os recentes intentos de agresión por parte da Garda Revolucionaria contra o transporte marítimo comercial no estreito de Ormuz e contra os membros do servizo militar estadounidense despregados na rexión", indicou o Comando Central no seu breve comunicado, de só un parágrafo.

Esta é a segunda agresión desde que os Estados Unidos atacasen, entre a noite do domingo e a madrugada do luns, a illa de Larak, desde onde Teherán preparábase para lanzar foguetes cargados con minas mariñas ao estreito de Ormuz, segundo Washington, nun ataque no que morreron dúas persoas. Irán respondeu con ataques contra bases estadounidenses en Xordania e Emiratos Árabes. 

Irán responde atacando bases estadounidenses en Xordania

Irán volveu atacar bases estadounidenses en Xordania entre a noite deste martes e mércores como represalia polos bombardeos previos lanzados por Washington sobre o país persa, segundo informou a Garda Revolucionaria nun comunicado.

O ataque dirixiuse contra Camp Titin, unha base estadounidense do corpo de marines, con mísiles balísticos pesados.

Irán replica así aos bombardeos estadounidenses recibidos este martes, o segundo ataque en menos de 48 horas despois dun mes sen que trascendesen agresións cruzadas.

Washington dixo atacar "obxectivos do Corpo da Garda Revolucionaria Islámica", sen precisar cales, mentres que o corpo de elite asegurou que os bombardeos alcanzaron unha vivenda residencial en Sirik, preto do estreito de Ormuz, deixando varios mortos, sen especificar cantos, e polo menos 50 feridos.

As consecuencias do ataque sobre Xordania non transcenderon, a pesar de que a Garda Revolucionaria asegurou ter destruído infraestrutura.

Os mísiles lanzados desde Irán dous días antes foron interceptados, segundo as forzas de seguridade estadounidenses e xordanas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade