Cargando resultados...
Os Estados Unidos aproban a pílula de Pfizer contra o coronavirus
O fármaco reduce, segundo os resultados ofrecidos pola compañía, o 90 % das hospitalizacións en pacientes graves

G24.gal
23/12/2021 07:49
Os Estados Unidos aproban a pílula de Pfizer contra o coronavirus. O fármaco reduce, segundo os resultados ofrecidos pola compañía, o 90 % das hospitalizacións en pacientes graves.
As autoridades sanitarias especifican que a pílula pode usarse para tratar casos moderados de coronavirus en adultos e menores de 12 anos que pesen polo menos 40 quilos.
Confían en reducir as hospitalizacións en enfermos graves e que contribúa a parar a propagación da variante ómicron, que xa é a máis estendida no país, presente no 73 % dos casos.