Os enfrontamentos directos poden xogar a prol dos intereses do Celta
O equipo de Carvalhal perdeu sete puntos de marxe co descenso pero mantén unha distancia que dá certa tranquilidade para as dúas últimas xornadas
Caras relaxadas en Afouteza, pero a afección non está tan tranquila. O Celta perde marxe co descenso, agora a só dous puntos, cando tiña nove hai algo mais dun mes. O Celta ten 5 equipos por debaixo en peor situación pero con mellor dinámica de xogo e resultados. A situación volveuse máis perigosa tras as vitorias do Xetafe no campo do Betis e o empate do Español co Atlético de Madrid, despois de igualar un 0-3.
Quedan dous partidos: o Celta vai este domingo a Cádiz e pecha a liga en Balaídos contra o campión de Liga. Os de Carvalhal fallaron contra o Valencia, que era a primeira "final" contra un rival directo. Tamén perderon en San Mamés e salvaron un empate contra o Xirona, que consideran un punto de inflexión.
O gol average é importante. O Celta gañou 3-0 en Balaídos e debe conservalo. Teno gañado co Valladolid e o Español. E perdido con Valencia, Xetafe e Almería.
O máis positivo é que hai enfrontamentos directos así que non todos poden facer pleno de puntos. Ademais do Cádiz-Celta, este domingo hai un Almeria-Valladolid e un Valencia-Español. E na última xornada un Valladolid-Xetafe e un Español-Almería. Ademais o Cádiz vai a Elxe e o Celta pode ter unha prácida tarde se gaña este domingo ou un duelo dramático co Barcelona.