Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os díscolos con Pérez Jácome forman un novo partido político

Os díscolos con Pérez Jácome forman un novo partido político

Preséntase como un partido centrista e progresista

G24.gal 08/11/2021 10:28

Preséntase en Ourense un novo partido que recolle os díscolos de Democracia Ourensana. Coalición de Centro Democrático preséntase como un partido centrista e progresista que desembarca na cidade cos personaxes políticos máis enfrontados agora con Pérez Jácome.

Miguel Caride parece, polo momento, non formar parte deste novo partido. As concelleiras María Dibuja e Maite Garrido ou o asesor que denunciou a Jácome, Bruno Blanco, son algúns dos nomes deste novo partido.

O alcalde da cidade, Gonzalo Pérez Jácome, xa se referiu á creación deste novo partido para o que prognosticou non máis dun cento de votos nas eleccións.

O partido Coalición de Centro Democrático fundouse no ano 2010, nos últimos anos a formación recolleu antigos membros de Ciudadanos e agora tamén os díscolos de Democracia Ourensana. Aquí preséntanse como Centristas por Ourense.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade