Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os consumidores consideran insuficiente a axuda de 20 céntimos no combustible

Os consumidores consideran insuficiente a axuda de 20 céntimos no combustible

Para moitos consumidores as contas non dan e encher o depósito segue a saír moi caro

A Federación Galega de Estacións de Servizo solicitaba "medidas máis amplas" para minimizar o impacto dos prezos dos combustibles

G24.gal 26/06/2022 14:53 Última actualización 26/06/2022 15:23

O desconto de 20 céntimos por litro de combustible prorrogábase finalmente ata o remate de ano, un anuncio que moitos consumidores recibían con certa indiferenza por considerala unha axuda insuficiente.

"Fai seis meses atrás estabamos a pagar o combustible a un euro trinta e hoxe estamos xa a máis de dous euros, é moitísimo"
"Se a gasolina segue subindo, eses 20 céntimos non se notan"
"Pois mellor que haxa 20 céntimos, aínda que haberá que facer máis medidas para baixar o prezo xeral do combustible", aseguran varios consumidores.

As queixas non parten só dos consumidores, tamén das propias gasolineiras, especialmente das máis pequenas. Xa desde a Federación Galega de Estacións de Servizo solicitaban que as medidas adoptadas polo Goberno para minimizar o impacto dos prezos dos combustibles fosen máis amplas.

"Os 20 céntimos puideron ser marabillosos para moitos clientes pero co contexto internacional subiu o prezo do combustible e ao final non axudan o suficiente, nós solicitamos que hai que profundizar, que hai que aumentar máis descontos, hai fórmulas para facelo e hai marxe para facelo", dixo Julio López, Presidente de FEGAES.

É que a pesar da redución dos 20 céntimos por litro, para os consumidores as contas non dan e encher o depósito segue a saír moi caro.

"Realmente afecta moitísimo porque a economía está cada vez peor." "Saes a dar un paseo e miras o que gastas, antes cunha moto chegaba con 25 e agora con 32, é inviable", engaden os consumidores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar