Os conselleiros de Facenda do PP din que se falseou a acta do último Consello de Política Fiscal
O Consello volve reunirse este luns e os conselleiros populares sinalan a María Jesús Montero como responsable do sucedido
O Consello de Política Fiscal e Financeira, convocado para este luns, arrincará con polémica pola aprobación da acta da última xuntanza do 26 de febreiro.
Os catorce conselleiros autonómicos de Facenda do PP, entre eles o galego Miguel Corgos, aseguran que a ministra María Jesús Montero é responsable de falsear a votación dese Consello e esixen unha rectificación. Fano mediante unha carta conxunta na que explican que non votaron "abstención" sobre a quitación da débeda autonómica, como se recolle na acta, senón que optaron por irse da xuntanza sen votar.
A versión do Ministerio de Facenda figura na propia acta e indica que que se lles advertiu ao irse, se se ausentaban, computaríase o seu voto como unha abstención.