Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os casos activos seguen aumentando e xa pasan dos 68.000, pero baixa a presión hospitalaria

Os casos activos seguen aumentando e xa pasan dos 68.000, pero baixa a presión hospitalaria

Aumentan lixeiramente os contaxios diarios

O Sergas notifica oito falecementos

Jessica Fernández, Yaiza López 28/01/2022 10:09

Os casos activos seguen aumentando (+2.055) e volven pasar dos 68.000. En total, hai  68.419 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios aumentan lixeiramente con respecto ao día anterior e rexístranse 6.362 nas últimas 24 horas

repartición de casos novos detectados por probas diagnósticas nas distintas áreas sanitarias é a seguinte:

Repartición dos casos activos por áreas sanitarias:

A Coruña: 14.706 (+304)

Vigo: 18.057 (+744)

Ourense: 6.986 (+173)

Santiago: 10.754 (+465)

Lugo: 6.927 (+217)

Pontevedra: 7.729 (+102)

Ferrol:  3.260 (+50)

En canto á presión hospitalaria, esta descende lixeiramente con respecto ao día anterior, tanto nas UCI (-4) como en planta (-1). En total, hai 640 persoas ingresadas con coronavirus, 44 e 596 respectivamente.

O Sergas notificou o falecemento de oito persoas que foran diagnosticadas con coronavirus. Con elas, o número total de vítimas mortais ascende a 2.918 desde o comezo da pandemia en Galicia.

O pasado día 26 perdeu a vida un home de 91 anos no CHUVI. O 27 faleceron un home de 85 anos no CHUF, un varón de 91 anos no CHUAC, un home de 91 anos no hospital Modelo da Coruña, un varón de 75 anos no CHUVI, un varón de 89 anos no Hospital de Valdeorras e un home de 87 anos no HULA. Na xornada de hoxe faleceu un home de 84 anos no CHUS.

Segundo informa Sanidade, totas elas presentaban patoloxías previas.

Mapas de incidencia por concellos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar