OPINIÓN
Os aranceis de Trump como instrumento político, por Venancio Salcines
A política arancelaria de Donald Trump ten un forte nesgo político. O anuncio da subida do arancel do aceiro ao 50 %, no marco dun encontro cos traballadores de American Steel, déixao en evidencia. O acto temos que velo máis como un mitin político que como un sobrio anuncio gobernamental.
Unha boa parte do seu discurso vai dirixido aos traballadores industriais norteamericanos. Un colectivo situado no chamado Cinto do Óxido, un conxunto de dez estados do leste, que, no pasado, nos setenta, eran o corazón económico dos EUA e levan corenta anos vendo como a súa industria os abandona para deslocalizarse.
O impacto desta medida afectará ao Canadá, México e O Brasil pero, e isto é importante, faise nun marco de aceptación da compra de American Steel por Nippon Steel. Aínda que o goberno republicano poñerá restricións á compra, a mensaxe é evidente, queremos produción industrial nos EUA, sexa de onde sexa o capital. E isto é o que queren escoitar os obreiros industriais, que velan por non perder o seu traballo e manter a súa nómina sen mirar moito quen é o dono da súa empresa.