Os alcaldes terán seis meses para adaptar as ordenanzas fiscais ao novo imposto de plusvalía
Os contribuíntes terán dúas vías de cálculo para elixir a que os beneficie

Xa se coñecen os detalles do real decreto que modifica o imposto sobre a plusvalía municipal, que o Consello de Ministros vai aprobar este luns.
O Goberno adapta este tributo para adaptalo á sentenza do Tribunal Constitucional, que o pasado día 26 de outubro o declarou nulo e na practica o deixou sen afecto ata que o Executivo o reforme.
Conforme o borrador que transcendeu este serán, os alcaldes terán seis meses para adaptar as ordenanzas fiscais ao novo imposto de plusvalía. A norma obrigará a tributar as operacións de menos dun ano para evitar a especulación; a nova norma quere garantir que non se van gravar operacións en que non se produciu unha ganancia.
O novo tributo permitirá aos contribuíntes elixiren entre dous métodos de cálculo o que máis beneficie.
Coa reforma quedará "garantido que ninguén que faga unha venda a perdas teña que pagar", aseguran no ministerio de Facenda.
Coas modificacións que se aproban o luns, a cota poderá calcularse mediante o valor catastral no momento do traspaso, cuns novos coeficientes que fixará Facenda e que reflectirán a realidade inmobiliaria.
A outra opción consistirá en valorar a diferenza entre o valor de compra e o de venda.