Publicador de contidos
Publicador de contidos

Once comunidades en aviso pola borrasca Celia

Once comunidades en aviso pola borrasca Celia

Ventos de 130 km/h nas Canarias, asolagamentos en Málaga, calixe no Mediterráneo e frota amarrada

En Tenerife un muro derrubouse sobre un autobús

Viaxeiros saen do bus aplastado por un muro en Tenerife
G24.gal 14/03/2022 20:39

As Canarias rexistraron este luns refachos de vento de máis de 130 km por hora. O vento fai intransitable a estrada á beira da praia das Teresitas, en Tenerife. E tamén derrubou un muro sobre un autobús nas Palmas. 

Os viaxeiros tiveron que saír pola ventá de emerxencia, pero non houbo feridos graves. O Goberno autonómico suspendeu todas as actividades ao aire libre e pechou os parques naturais. Tamén a Universidade da Laguna pechou todas as súas instalacións.

En Valencia o vento derrubou unha das fallas e obrigou a suspender a mascletá. O temporal no mar mantén amarrada a frota en todo o Mediterráneo. E en terra, a calixe dificulta a visibilidade.

En Málaga, as chuvias asolagaron por completo varias estradas. A neve volveu con forza por riba dos 1.500 metros. En Serra Nevada a estación tivo que pechar por refachos de vento.

O mal tempo seguirá durante a xornada deste martes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade