Publicador de contidos

Publicador de contidos

Olaza: "Aspas é o xogador español máis determinante da Liga nos últimos anos"

Olaza: "Aspas é o xogador español máis determinante da Liga nos últimos anos"

O uruguaio volve a Balaídos e garda un gran recordo das tres temporadas en que xogou coa camisola celeste

G24.gal 22/02/2023 20:21

Este domingo o Celta recibe en Balaídos o Real Valladolid. Cos casteláns chegará como titular no lateral esquerdo o uruguaio Lucas Olaza. Olaza xogou en dúas etapas no Celta, primeiro no filial (2015-16) e despois durante tres temporadas no primeiro equipo (2018-21), ata que acabou marchando a Valladolid ao non executar o Celta a opción de compra que tiña pactada con Boca Juniors. 

O lateral coñece ben todo o cadro do Celta, en especial a Iago Aspas, a quen considera "o xogador español máis determinante na Liga nos últimos anos".

Para Olaza será un partido moi especial: "A afección apoioume moito cando marchei do club". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos