Publicador de contidos

Publicador de contidos

OCU advirte de que as balizas V16 de moitos condutores poderían non estar homologadas e suporía unha multa de 80 euros

OCU advirte de que as balizas V16 de moitos condutores poderían non estar homologadas e suporía unha multa de 80 euros

OCU recomenda ás persoas que xa teñen unha baliza V16 e ás que a vaian adquirir que comproben previamente que o etiquetado inclúe a advertencia «conectada á DXT 3.0»

Eduardo Parra/Europa Press Eduardo Parra/Europa Press
G24.gal 03/12/2025 18:39

A Organización de Consumidores e Usuarios advirte os condutores que adquiriron a baliza luminosa V16 de sinalización antes do verán de que probablemente non estea homologada conforme ao anexo do Real Decreto 2822/1998, que fixa o seu uso obrigatorio a partir do 1 de xaneiro de 2026.

Unha enquisa de OCU revela que a gran maioría das balizas adquiridas entón custaron menos de 40 euros, o prezo mínimo que tiñan os modelos conformes á normativa (agora son máis baratas e poden adquirirse desde 30 euros).

O uso de modelos non homologados é sancionable a partir de xaneiro cunha multa de 80 euros. Ademais, supón un risco para o condutor, xa que este tipo de balizas non transmite a localización do vehículo avariado ao centro de xestión de tráfico para avisar da inmobilización outros condutores.

Neste sentido, a DXT lembra que cada ano falecen unha media de 25 persoas atropeladas ao saír do seu vehículo avariado ou accidentado.

OCU recomenda ás persoas que xa teñen unha baliza V16 e ás que a vaian adquirir que comproben previamente que o etiquetado inclúe a advertencia «conectada á DXT 3.0»; que a carcasa leva inscrito un número de homologación; e, para maior seguridade, que está incluída na listaxe de dispositivos homologados que ofrece a web da DXT.

OCU segue detectando a venda en liña de balizas luminosas V16 de sinalización non homologadas, aínda que agora en moita menor medida. Tamén observou unha baixada do prezo mínimo dos modelos homologados: de 40 euros antes do verán a 30 euros na actualidade. En calquera caso, insta a DXT a vixiar a comercialización de balizas V16 non homologadas e a asegurarse da súa retirada nas plataformas de venda en Internet.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos