Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Xetafe pode chegar a Balaídos baixo mínimos por non poder inscribir xogadores

O Xetafe pode chegar a Balaídos baixo mínimos por non poder inscribir xogadores

O club madrileño ten 12 inscritos e agarda facerlle a ficha a 16 ou 17 para o domingo

G24.gal 14/08/2025 13:21

A situación do Xetafe, e a de moitos equipos da Liga, é moi problemática a unhas horas de comezar o campionato. O equipo azulón só ten doce xogadores coa ficha tramitada polos problemas co límite salarial. 

Nas últimas horas o club tivo que vender a Alderete á Premier League para desbloquear a situación e así conseguir ter 16 ou 17 licenzas dispoñibles para xogar en Balaídos diante do Celta. 

"A situación é moi problemática. Cando hai lesións temos que aceptalo pero isto é diferente, agardemos que se resolva" afirmou o porteiro David Soria en conferencia de prensa. A portería, con Soria e Letacek é das poucas posicións que ten cubertas o Xetafe. A dificultade máis importante atópase na dianteira onde só Borja Mayoral ten a ficha tramitada. 

As licenzas a día de hoxe son: Soria, Letacek, Sola, Rico, Iglesias, Duarte, Milla, Arambarri, Uche, Peter Federico, Coba e Mayoral. A duras penas Bordalás podería facer un once inicial cos xogadores do primeiro equipo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade