Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Wolfsburgo, o equipo máis potente de Alemaña, presenta a Nuria Rábano

O Wolfsburgo, o equipo máis potente de Alemaña, presenta a Nuria Rábano

A xogadora do Milladoiro chega procedente do Barcelona

G24.gal 09/08/2023 22:03

A galega Nuria Rábano segue coa súa meteórica traxectoria. Aos 24 anos pode presumir de que xogou no mellor equipo de España e do mundo, o Fútbol Club Barcelona, e agora vaino facer no mellor club de Alemaña, o Wolfsburgo, un aspirante a quitarlle o cetro continental ao cadro catalán.

A lateral esquerda do Milladoiro chega a un equipo moi poderoso coa máxima ilusión. "O meu reto é gañar outra Champions", dixo Rábano na súa primeira entrevista para a canle do club. 

O Wolfsburgo é dobre campión da Champions e no seu país non ten rival. Das últimas seis Bundesligas gañou cinco. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade