O Tribunal Supremo dos Estados Unidos anula o dereito ao aborto
Cada estado poderá decidir se garante ou non este dereito reprodutivo
Anula a sentenza que o protexía desde hai 49 anos
Por 6 votos contra 3, o Tribunal Supremo derrogou o dereito ao aborto nos Estados Unidos. A sentenza sinala que a Constitución non lles outorga as mulleres a liberdade para interromper o seu embarazo, en contra do que se viña considerando desde 1973.
Aquel ano, o desenlace do caso Roe vs Wade converteu o aborto nun dereito protexido en todo o país. Agora, a maioría conservadora do Supremo ditamina que aquela decisión estaba eminentemente equivocada.
A sentenza non prohibe o aborto, pero permite que o faga cada estado pola súa conta. Kentucky, Louisiana e Dakota do Sur xa o prohibiron este mesmo venres. Idaho, Tenesse e Texas aprobaron leis semellantes que entrarán en vigor en 30 días.
Calcúlase que 26 dos 50 estados seguirán este camiño, que deixará a 36 millóns de mulleres en idade reprodutiva sen dereito a abortar nos seus lugares de residencia.
Tras coñecerse a sentenza, centos de persoas concentráronse ás portas do Supremo para protestar, aínda que tamén para celebrar a decisión.
A decisión do Supremo non foi unha sorpresa: xa se filtrara o pasado maio, pero supón unha das maiores sacudidas legais da historia xudicial estadounidense.
É tamén unha vitoria tardía para Donald Trump, que ve cumprido o obxectivo que perseguía con nomeamento de 3 maxistrados conservadores durante o seu mandato.
O seu sucesor, Joe Biden, dixo que o Supremo cometeu un erro tráxico e animou aos electores a votar demócrata nas lexislativas do outono para lograr unha maioría que lles permita sacar adiante leis que volvan protexer o dereito ao aborto.
"Non podemos dar por sentado ningún dereito", di Sánchez
O presidente do Goberno subliñou que non se pode dar por sentado ningún dereito a respecto da decisión do Tribunal Supremo estadounidense.
No podemos dar por sentado ningún derecho. Las conquistas sociales siempre están en riesgo de retroceder y su defensa tiene que ser nuestro día a día.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) June 24, 2022
Las mujeres deben poder decidir libremente sobre sus vidas. https://t.co/ujQJk1SPT0