O Tribunal Galego de Apelación da FGA inhabilita a Antonio Troitiño
A inhabilitación é para ocupar cargos públicos en organizacións deportivas
RenovaFGA acusa a Iván Corral de “forzar” a inhabilitación de Troitiño para evitar que se presente ás eleccións da FGA e perpetuar a súa “ditadura”
Troitiño recurirá no Comité Galego de Xustiza Deportiva

O Tribunal Galego de Apelación da FGA o inhabilita a Antonio Troitiño para ocupar cargos públicos en organizacións deportivas por unhas declaracións realizadas no programa Rallye Streaming o día 7 de maio de 2021. A inhabilitación é para ocupar cargos públicos en organizacións deportivas durante un ano.
Troitiño recorrerá no Comité Galego de Xustiza Deportiva e reafírmase “ao cen por cento” nas súas afirmacións realizadas no citado programa, en que aseguraba que Iván Corral “ameazou a escuderías e pilotos” e que “a federación celebrou asembleas de forma irregular".
RenovaFGA acusa a Iván Corral de “forzar” a inhabilitación de Troitiño para evitar que se presente ás eleccións da FGA e perpetuar a súa “ditadura”
RenovaFGA acusa a Iván Corral de “forzar” a inhabilitación de Antonio Rodríguez Troitiño para evitar que se presente ás eleccións da FGA e perpetuar a súa “ditadura”https://t.co/QpQ54aJmOG
— renovafga (@renovafga) February 21, 2022