Publicador de contidos

Publicador de contidos

As restricións prorrogaranse en Galicia polo menos outras dúas semanas

As restricións prorrogaranse en Galicia polo menos outras dúas semanas

O toque de queda parcial, só nas madrugadas dos venres e da fin de semana

Tamén se elaborará un protocolo para a celebración do Entroido

O 60 % das camas de enfermos de covid–19 en UCI están ocupadas por non vacinados

G24.gal 12/01/2022 18:48

As restricións impostas para o Nadal, que decaen o 18 de xaneiro, vanse prorrogar polo menos outras dúas semanas ou ata que remate a explosión de contaxios da sexta vaga. Só hai un cambio: a prohibición de reunións de non conviventes en espazos públicos e privados entre as tres e as seis da mañá só se aplicará na madrugada do xoves ao venres e na fin de semana.

"Temos que transmitir todas esas decisións ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Imos dar eses pasos e cando sexa posible trasladarémolo", anunciaba o conselleiro de Sanidade.

Ademais, Sanidade está elaborando un protocolo para as festas do Entroido orientado a evitar as aglomeracións.  

Julio García Comesaña confía en que se produza en breve a agardada caída na cifra de casos activos. En Sanidade seguen con preocupación o aumento das hospitalizacións e con certo alivio que se manteña estable a ocupación nas UCI. 

E destacaba o conselleiro o perfil das persoas que precisan entrar nesas unidades de coidados críticos, un perfil cada vez máis clarificador sobre a importancia das vacinas para evitar a enfermidade grave por covid–19.

"A día de hoxe, nas UCI galegas a maioría dos pacientes, máis do 60 %, son pacientes non vacinados, por iso seguimos animando a xente a que se vacine", afirmaba García Comesaña.

As vacinas tamén están evitando cadros graves nos gromos en xeriátricos, o maior na residencia de Bembrive de Vigo, coa maioría dos usuarios contaxiados. E xa hai o primeiro balance na volta ás clases. Desde o luns detectáronse 800 positivos, que obrigaron a pechar 11 aulas. Con eles achéganse a 14.000 os casos en centros educativos de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade