O Tenerife mide a ambición copeira do Deportivo (mércores ás 12:00 na G2)
O Día da Constitución tamén xogan como locais o Arenteiro, diante do Burgos, e o Lugo, que recibe o Mirandés
A vitoria ante o filial do Barcelona permítelle ao Deportivo afrontar a eliminatoria de Copa con certa tranquilidade. Idiákez convoca a todos os dispoñibles e a sete fabrilistas para o encontro ante o Tenerife en Riazor. Poderán velo na G2. Agárdanse cambios no once pensando tamén no duelo ante o Sestao deste domingo.
Ás catro da tarde o Arenteiro recibe o Burgos en Espiñedo. O equipo chega enchufadísimo ao torneo tras derrotar o Sabadell na liga. Os de Javi Rey soñan con prolongar o seu idilio coa copa e traer un Primeira ao Carballiño.
O Lugo medirase na casa co Mirandés, outro Segunda. Será ás sete da tarde. Munitis fará rotacións. O domingo xoga co Barça B tamén no Anxo Carro. Aínda que o adestrador prefira non pensar niso. O Anxo Carro non é precisamente o escenario onde mellor se desenvolve o Lugo esta temporada. Só gañou tres dos oito partidos disputados. Perdeu catro e empatou un.