Publicador de contidos

Publicador de contidos

A vacinación de reforzo para maiores de 40 comezará antes de finais de ano

A vacinación de reforzo para maiores de 40 comezará antes de finais de ano

A inmunización coa terceira dose á franxa de idade de 50 a 59 anos continúa esta semana

Prevese ter vacinado o 85 % dos nenos e nenas de entre 5 e 11 anos a primeiros de xaneiro

G24.gal 19/12/2021 20:46

En toda Galicia continúa a administración da dose de reforzo ás persoas de 50 a 59 anos. Este domingo estaban citadas unhas 8.000 persoas nos distintos puntos de vacinación da área sanitaria da Coruña. Na Cidade da Cultura, en Compostela, preto de 6.000. 

A semana que comeza seguirán administrando a terceira dose a ese grupo de idade. Tamén continúan as opcións de solicitude de cita e da segunda oportunidade para os que non puideron acudir nunha convocatoria anterior.

O obxectivo é chegar ás festas do Nadal co maior número de inmunizados coas doses de reforzo. Cando se remate de vacinar os maiores de 50 anos, será a quenda da franxa de idade de 40 a 49 anos. A prevision do Sergas é que sexa dentro de poucos días.

Despois dun ano de vacinación contra a covid, este domingo atopabamos quen recibía aínda a primeira dose. Tamén se segue a inmunizar aqueles que recibiran o preparado monodose de Janssen.

En canto aos cativos, o Sergas aspira a ter vacinados o 85 % dos nenos de entre 5 e 11 anos para a primeira semana de xaneiro. Xa hai data para a segunda quenda de vacinación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade