Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os puntos de tests de antíxenos reciben a visita de contactos estreitos e precavidos

Os puntos de tests de antíxenos reciben a visita de contactos estreitos e precavidos

Nas provincias de Ourense e Pontevedra realízanse tamén cribados itinerantes

Nos puntos instalados nos aeroportos haberá que acreditar ser viaxeiros

Consulta aquí os puntos habilitados

Marta González Salve 11/01/2022 13:58

O da estación intermodal de Santiago é un dos 32 puntos de realización de tests de antíxenos de balde aos que se poden dirixir todas aquelas persoas, sen necesidade de acreditar ser viaxeiros, que sexan asintomáticas e que non pasasen a enfermidade para comprobar se son positivos a través dunha proba de saliva.

Algúns dos que acudían esta mañá facíano preocupados tras ser contacto dalgún positivo. Outros, aproveitando que é de balde e por precaución.

No caso dos puntos habilitados nos aeroportos será preciso acreditar ser viaxeiros. O acceso ao resto dos operativos require nalgúns casos de autocita a través da páxina web do Sergas.

Ademais, nas provincias de Ourense e Pontevedra funcionan puntos de cribado itinerantes para facilitar que a proba chegue á maior parte da poboación interesada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade