Publicador de contidos

Publicador de contidos

Habilítanse 13 novos puntos de cribado de antíxenos fóra das cidades

Habilítanse 13 novos puntos de cribado de antíxenos fóra das cidades

Santiago suma Melide, Noia, Lalín e A Estrada, e Ferrol cambia a localización á ludoteca da praza de España

Na área de Pontevedra aumentan a Marín, Caldas e Sanxenxo

Lugo incorpora puntos en Viveiro e Ribadeo, mentres que Ourense criba no Carballiño, Xinzo e Allariz

G24.gal 10/01/2022 14:58 Última actualización 18:30

Despois das festas son moitos os que, malia non teren síntomas, cren que poden estar contaxiados. Un autoest de antíxenos pode despexar dúbidas, e mellor se é gratuíto, coa axuda de persoal sanitario e sen ter que desprazarse á cidade. 

"Os requisitos son non ter a covid nos últimos tres meses, non ter síntomas e non estar confinados", explica Jessica Fraga, técnica de laboratorio. 

Coma o de Melide, hoxe póñense en funcionamento 13 puntos de antíxenos diseminados por toda Galicia. Súmanse aos que xa existen nas sete cidades a algunhas vilas co fin de frear a propagación de ómicron.

"Hai moitos vacinados que poden ser asintomáticos, trátase de frear a diseminación silenciosa", engade Jessica.

Neste novos puntos habilitados nas áreas de Santiago, Ferrol e Lugo non haberá que pedir autocita, pero si nos de Pontevedra e Ourense. En Vigo e A Coruña mantéñense, polo momento, os mesmos puntos de cribado da pasada semana, pero hai previsión de que se amplíen nos próximos días.

Puntos habilitados

Na Área Sanitaria da Coruña - Cee:

• Covidauto Ventorrillo (ao lado do centro de Saúde): de 15:00 a 21:00

• Casa do Mar da Coruña: de 09:00 a 15:00

• Casa da Cultura en Cee: de 15:00 a 20:00

• Aeroporto de Alvedro: de 08:00 a 22:00

• Estación de tren da Coruña: de 15:00 a 21:00

Na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos:

• Edificio da Delegación Territorial de Sanidade en Lugo: de 15:30 a 20:30

• Auditorio Carmen Estévez de Vilalba: martes, xoves e sábado de 16:00 a 20:00

• Casa do Mar de Burela: de 12:00 a 18:00

• Hospital de Monforte de Lemos: de luns a venres de 15:00 a 20:00

• Polideportivo Municipal de Ribadeo: luns, mércores e venres de 10:00 a 14:00

• Sala multiusos do Concello de Viveiro: martes, xoves e sábado de 10:00 a 14:00

Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras:

• Casa da Xuventude de Ourense: de luns a venres de 08:30 a 14:00 e de 15:30 a 21:00

• Hospital Público de Verín Auto-covid: de luns a venres de 15:00 a 21:00

• Hospital Público do Barco de Valdeorras (Área de rehabilitación): de luns a venres de 15:00 a 21:00

Na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés:

• Recindo Feiral de Pontevedra: de 08:30 a 13:40 e de 15:30 a 20:40

• Sala de Exposicións do Auditorio de Vilagarcía: de 08:30 a 13:40 e de 15:30 a 20:40

• Sala Nauta de Sanxenxo: de 08:30 a 13:40 e de 15:30 a 20:40

• Edificio da Tafona de Caldas de Reis: de 08:30 a 13:40 e de 15:30 a 20:40

• Museo Manuel Torres de Marín: de 08:30 a 13:40 e de 15:30 a 20:40

Na área sanitaria de Ferrol:

• Ludoteca da praza de España do Concello de Ferrol: de 15:00 a 21:00

Na Área Sanitaria de Vigo:

• Estacións de tren de Urzáiz e Guixar: de 08:30 a 14:30 e de 15:30 a 20:00

• Aeroporto de Peinador: de 09:00 a 21:30

Na área sanitaria de Santiago e O Barbanza:

• Auditorio Vidal Bolaño (Campus Sur USC): de 14:00 a 20:00

• Hospital da Barbanza: de 15:30 a 20:00

• Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada: de 11:30 a 18:00

• Lalín Arena: de 11:30 a 18:00

• Antigo Centro de Saúde de Melide: de 11:30 a 18:00

• Local da Cruz Vermella de Noia: de 11:30 a 18:00

• Estación de tren de Santiago de Compostela: de 09:00 a 21:30

• Aeroporto Rosalía de Castro: de 09:00 a 21:30

Cribados itinerantes

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras (con autocitación):

• Luns, 10 de xaneiro, de 15:30 a 20:30: O Carballiño (Auditorio Municipal Manuel María), Xinzo de Limia (Casa do Concello, Salón de Plenos) e Allariz (Fogar dos Maiores).

• Martes, 11 de xaneiro, de 15:30 a 20:30: Ribadabia (Pavillón Polideportivo O Consello), Celanova (Auditorio Municipal Ilduara, O Cercado), Coles (Casa do Concello) e A Pobra de Trives (Auditorio Xulio Vázquez).

• Mércores, 12 de xaneiro, de 15:30 a 20:30: O Carballiño (Auditorio Municipal Manuel María), Xinzo de Limia (Casa do Concello, Salón de Plenos) e Maceda (Casa do Concello).

• Xoves, 13 de xaneiro, de 15:30 a 20:30: Ribadabia (Pavillón Polideportivo O Consello), Celanova (Auditorio Municipal Ilduara, O Cercado), Castro Caldelas (Recinto do Toural) e Viana do Bolo (Casa da Cultura).

• Venres, 14 de xaneiro, de 15:30 a 20:30: O Carballiño (Auditorio Municipal Manuel María), Xinzo de Limia (Casa do Concello, Salón de Plenos) e Allariz (Fogar dos Maiores) e Bande (Casa do Concello, Salón de Actos).

Na Área Sanitaria de Vigo realizaranse a partir do mércores, 12 de xaneiro na antiga Casa do Mar de Cangas e no auditorio de Goián, en Tomiño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade