Cargando resultados...
O Sergas citou 8.000 persoas nos puntos de vacinación da Coruña
G24.gal
19/12/2021 16:21
O Sergas citou oito mil persoas nos distintos puntos de vacinación da área sanitaria coruñesa. No IFECO, a afluencia está sendo constante, pero fluída.
Teñen entre cincuenta e cincuenta e nove anos e marchan reforzados coa terceira dose.
Este domingo tamén teñen cita persoas que non puideron vacinarse nunha convocatoria anterior.
A próxima semana continuará a vacinación entre a poboación desta franxa de idade. Sanidade ten previsto administrar en Expocoruña unhas 2.400 vacinas diarias entre doses de reforzo, segundas oportunidades e citas solicitadas. Será de luns a venres en horario de mañá. A fin de semana, a do Nadal, toca descanso.