Cargando resultados...
O Sergas abre a autocita de vacinación para nenos entre 9 e 11 anos
Haberá 9.000 ocos dispoñibles para o mércores e o xoves desta semana
Recibirán a picada nos puntos de vacinación masiva
G24.gal
20/12/2021 15:54
Os nenos son, na súa maioría, asintomáticos, pero tamén teñen que ser protexidos do virus.
O presidente da Xunta anunciou que van chamar os nenos de 9 a 11 anos que non puideron vacinarse para que acudan á repesca.
Agora poden pedir unha data nova polo sistema de autocita. Está dirixido a aqueles que por algún motivo non foron a semana pasada e aos que, tendo feitos os 9 anos, aínda non foran citados.
Haberá 9.000 ocos dispoñibles para o mércores e o xoves desta mesma semana. Igual que a semana pasada, recibirán a picada nos puntos de vacinación masiva.
O resto dos nenos terán que agardar a que cheguen máis doses da vacina.