Publicador de contidos

Publicador de contidos

O atraso na tramitación da lei trans no Congreso abre unha fenda na coalición de goberno

O atraso na tramitación da lei trans no Congreso abre unha fenda na coalición de goberno

Unidas Podemos pídelle a Pedro Sánchez que actúe para aprobar a lei neste ano

G24.gal 19/10/2022 14:57

A chamada lei trans chegou ao Congreso tras da luz verde do Consello de Ministros para ser tramitada pola vía de urxencia.  Pero a Mesa do Congreso amplía o prazo para as emendas dos grupos polítcos co acordo do PSOE, PP e Vox. Di o Goberno que se trata de mellorar a lei.

"Hai leis que son moi importantes e que os grupos queren traballar. A maior parte das leis transcendentes do noso pais teñen esa ampliación do prazo de emendas".

O atraso na aprobación da lei abre unha fenda dentro da coalición de goberno e mesmo nas filas do Partido Socialista. A primeira consecuencia, a baixa como militante do PSOE de Carla Antonelli, a primeira parlamentaria transexual de España. Di que todo responde a unha guerra de poder.

"Irene Montero no Ministerio de Igualdade copiou e pegou o noso texto. Foi unha guerra de poder"

Desde Unidas Podemos defenden que había un acordo previo co PSOE e acusan a Carmen Calvo, que preside a Comisión de Igualdade, de actuar de costas a Pedro Sánchez.

"O que me gustaría crer é que Pedro Sánchez non estaba ao corrente deste obstáculo. Pero pode ser que Carmen Calvo lle metera un gol a Pedro Sánchez".

E pídenlle ao presidente do Goberno que actúe para que a lei poida ser unha realidade antes de que remate o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos