Publicador de contidos

Publicador de contidos

O rei Xoán Carlos deixa a porta aberta a residir en España

O rei Xoán Carlos deixa a porta aberta a residir en España

A Casa Real di nun comunicado que Filipe VI e o seu pai mantiveron unha conversa "sobre distintos acontecementos e as súas consecuencias na sociedade española"

Tras reunirse co Rei e xantar con parte da familia, don Xoán Carlos regresou a Abu Dhabi

G24.gal 24/05/2022 14:45

A publicidade da estancia do rei Xoán Carlos en Sanxenxo contrasta coa discreción do reencontro co seu fillo, tras case dous anos de distanciamento. Foron once horas de estancia na Zarzuela das que non se facilitaron documentos gráficos, e que a Casa Real resumiu nun comunicado de 25 liñas.

Nel destacan que Filipe VI e Xoán Carlos I mantiveron un tempo amplo de conversa sobre cuestións familiares, así como diversos acontecementos e as súas consecuencias na sociedade española dende que o pai do Rei decidise trasladarse a Abu Dhabi. Nesta nota, a Casa Real insiste na decisión de organizar a vida persoal e o lugar de residencia no ámbito privado, e abre a porta a que don Xoán Carlos volva residir en España.

Estas foron as cuestións principais que pai e fillo trataron nunha conversa de catro horas, á que seguiu un xantar familiar en que estiveron presentes os reis e súa filla menor, así como a infanta Helena e os seus fillos e a infanta dona Margarita e o seu home. A raíña Sofía non puido compartir o xantar por dar positivo en coronavirus, pero acompañou a familia coas pertinentes medidas de protección.

Pasadas as dez da noite, o anterior xefe do Estado abandonaba a que fora a súa residencia durante máis de medio século para voar de novo a Abu Dhabi. Queda por ver se mantén a súa intención de regresar a España o 10 de xuño, unha estancia duns dez días en que Sanxenxo volvería ser o destino principal.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade