Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Real Madrid sobrevive na prórroga e o Barcelona cae da Copa

O Real Madrid sobrevive na prórroga e o Barcelona cae da Copa

O equipo branco gañou en Elxe remontando con goles de Isco e Hazard cando xogaba con dez por expulsión de Marcelo

Pedri puxo o 2–2 para o Barcelona no último minuto do partido, pero na prórroga marcou Muniain de penalti

G24.gal 21/01/2022 07:44

O Real Madrid está nos cuartos de final da Copa logo dunha eliminatoria agónica en Elxe. O partido foi á prórroga despois dun empate sen goles. No tempo suplementario, Marcelo viu o vermello directo e na seguinte acción adiantouse o Elxe cun gol de Verdú. Cando estaba contra as cordas, reaccionou o Real Madrid, que remontou con goles de Isco e Hazard

Pola contra, o Barcelona foi eliminado en Bilbao na prórroga. Ben cedo chegaron os goles de Muniain e Ferran Torres. Houbo que agardar ata o intre final do partido para ver máis goles. Iñigo (m86) puxo por diante o Athlétic e Pedri empatou no engadido. No minuto 105 Muniain transformou un penalti que sería definitivo (3–2).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade