Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Rápido fai un festín en Bouzas

O Rápido fai un festín en Bouzas

O Rápido fai os deberes e quedará á espera dos arrastres

G24.gal 12/05/2024 19:15

Partido moi entretido o que se xogou no Campo Municipal de Bouzas. O Rápido de Bouzas tiña que gañar si ou si para ter oportunidades de salvarse e empezou perdendo. Pero iso só sería un espellismo. O Rápido de Bouzas tiña o control do partido e as ocasións máis perigosas e anotou o 1-1 tras unha bonita xogada combinativa. As ocasións do Rápido seguían chegando e á saída dun córner viría o 2-1. O Rápido chegou a errar un penalti, pero non freou o seu ímpeto e anotaba o 3-1 pouco antes do descanso.

Á volta do descanso, a Sarriana tivo unha ocasión moi boa que parou maxistralmente o meta local. O segundo tempo transcorría sen moito que contar, ata que chegou o 4-1, un golazo de Torralbo dende fóra da área. O Rápido de Bouzas redondearía a vitoria cun dobrete de Torralbo. Agora, á espera dos arrastres, pero coa satisfacción de ter os deberes feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos