Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Rácing Vilalbés remonta en Bouzas e métese na final galega de ascenso a 2ª RFEF

O Rácing Vilalbés remonta en Bouzas e métese na final galega de ascenso a 2ª RFEF

O equipo local non perdía en liga desde o mes de novembro

Fernando Cuadrado e Make marcaron no primeiro tempo e o porteiro Santomé estivo brillante no segundo

G24.gal 06/05/2023 21:00

O Rácing Vilalbés gañou no campo do Rápido de Bouzas (0-2) e remontou o gol de vantaxe que traían os vigueses do partido de ida. Os chairegos xogarán a final galega de ascenso a Segunda Federación. 

No primeiro minuto marcou Fernando Cuadrado para o Rácing aproveitando un erro no despexe de Brais Pereiro. Antes do descanso Make marcaba o segundo cunha gran bolea á saída dun córner. 

Os de Simón Lamas impuxeron o seu traballo defensivo no segundo tempo, e cando o Rápido conseguiu xerar ocasións atopouse cun Santomé moi inspirado na portería. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos