Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Racing empata co Unionistas (1-1), pero non lle chega para ser líder

O Racing empata co Unionistas (1-1), pero non lle chega para ser líder

G24.gal 07/05/2023 20:13

O Racing de Ferrol non puido gañar no campo do Unionistas e quedou sen a posibilidade de ser líder e depender de si mesmo nas últimas tres xornadas na loita polo ascenso directo.

O partido presentábase como unha cita moi difícil para os de Cristóbal Parralo ao teren diante un rival en forma que apura as súas opcións de xogar a fase de ascenso. O Racing apañou un gol do local Losada e conseguiu empatar nunha desafortunada acción de Fran Rodríguez, que sorprendeu o seu porteiro cunha arriscada cesión.

O Racing mantense a un punto do líder Alcorcón, mantén as diferenzas co Deportivo e obtén un punto máis de renda co Real Madrid Castela, que perdeu en Valdebebas co Ceuta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade