Cargando resultados...
O Rácing cambia o balón pola traiñeira
O Rácing cambia o balón pola traiñeira
Foron convidados polo Club de Remo de A Cabana para realizar un adestramento diferente na auga
G24.gal
29/07/2024 22:08
O Rácing cambiou este luns o balón redondo polos remos e botouse á auga. Os racinguistas foron convidados polo club de Remo de A Cabana para realizar un adestramento pola ría. Os verdes colleron a traiñeira e saíron ao mar como se tivesen que preparar a vindeira xornada da Liga Galega.
Polo que se, non o fixeron mal de todo, aínda que de ter que elixir, parecen máis afeitos ás reviravoltas do balón sobre o céspede. Unha xornada na que puideron comprobar como é o deporte de equipo por excelencia no que o individuo non é nada e tense que someter ao conxunto.