José Tomé, elixido secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE de Lugo
José Tomé vence con 809 votos fronte a Iván Castro, que obtivo 585
Ivan Castro asume a derrota e di sentirse "moi satisfeito"
Álvaro Vila, novo secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Ourense tras gañar as primarias

Os afiliados do PSdeG-PSOE de Lugo votaron este domingo para elixir o seu secretario provincial entre dous candidatos: José Tomé, presidente da Deputación e alcalde de Monforte, e Iván Castro, voceiro municipal de Paradela.
A primeira hora, abriron as urnas nas catro agrupacións que contan cun maior número de militantes. As restantes, ata as 65 das que dispón o partido, foron abrindo ao longo da xornada.
As urnas deron como vencedor a José Tomé con 809 votos fronte a Iván Castro, que obtivo 585. Tras coñecer o resultado, Iván castro, asumindo a derrota, dixo sentirse "moi satisfeito" e que aposta por "traballar todos xuntos". Destacou Castro que lograr "un 42 % dos votos" é un éxito para unha candidatura saída das bases.
Case 2.000 militantes tiveron dereito a voto neste proceso interno que finalizará o 10 de maio coa celebración do congreso provincial da formación.