O PSOE critica a negativa do PP de rexeitar os fondos europeos
Din que os fondos son prioritarios para o desenvolvemento do rural
Tamén queren poñer a vivenda coma prioridade das políticas europeas
O candidato ás europeas Nicolás González e a viceportavoz socialista, Lara Méndez, visitaron a feira de produtos do campo e de artesanía. Alí o candidato falou da necesidade dos Fondos de Recuperación europeos para a provincia de Lugo. E tamén puxo en valor so plan único de banda ancha que leva Internet a cada aldea da provincia.
Xunto a artesáns e produtores agrícolas, os socialistas criticaron a negativa dos populares de rexeitar continuamente estes fondos
E nas Palmas a cabeza de lista do PSOE, Teresa Ribera insistiu na importancia que teñen estas eleccións para impedir que se impoña o que ela definiu coma modelo autocrático. No acto tamén estivo o candidato López Aguilar quen comprometeu o seu esforzo para poñer a vivenda coma prioridade dentro das políticas europeas.