Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSOE busca a alianza con Ciudadanos para salvar a reforma laboral

O PSOE busca a alianza con Ciudadanos para salvar a reforma laboral

Inés Arrimadas di que a apoiará "se non se toca unha coma" do texto

Unidas Podemos defende seguir negociando cos socios de investidura

G24.gal 24/01/2022 14:54

Pedro Sánchez asume que non se pode tocar unha coma do texto da reforma laboral acordado cos axentes sociais. Isto afastaría definitivamente a Esquerra e Bildu. E complicaría o apoio do PNV, que pide priorizar os convenios autonómicos, pero dende o Goberno non tiran a toalla.

"É un partido co que nos entendemos, temos responsabilidades compartidas de goberno, eu espero acadar un acordo en materia de reforma laboral", di a voceira do Executivo.

Sen a suma dos socios de investidura, os socialistas queren intentar a vía con Ciudadanos. Arrimadas reuniuse esta mañá coa patronal e ofreceu o seu apoio ao texto acordado: "Estamos en conversas informais co Grupo Socialista. Se non se toca unha coma do texto podémos avaliar un voto afirmativo".

Unidas Podemos cre que é un "erro e unha trampa" a opción de Ciudadanos. "A nosa vontade é que a reforma laboral saia adiante cos socios de investidura, queremos coidar esa maioría, estamos abertos ao diálogo", asegura o voceiro da formación.

Os socios de goberno apuran por separado as negociacións para salvar a convalidación da reforma laboral, prevista para dentro de dez días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade