Cargando resultados...
O protagonismo da filla de Kim Jong-un alimenta os rumores da sucesión
A cativa copreside co ditador o 75 aniversario do exército norcoreano
Exhibición de misiles intercontinentais e armas nucleares

Antón Montero
09/02/2023 21:10
Última actualización 09/02/2023 21:20
A filla do ditador norcoreano acapara todas as olladas no 75 aniversario do exército do país asiático. A cativa, cuxo nome e idade se descoñecen, leva varios actos oficiais compartindo protagonismo con Kim Jong-un.
Moitos analistas especulan con que poida ser a sucesora do ditador. O desfile serviu para que o réxime exhibise ao mundo ducias de mísiles balísticos intercontinentais e algunhas das súas bombas nucleares.