Publicador de contidos

Publicador de contidos

Correos avanza que xa votaron case 2,5 millóns de electores, o 93,8 % das solicitudes

Correos avanza que xa votaron case 2,5 millóns de electores, o 93,8 % das solicitudes

O prazo para votar por correo rematau ás 14:00 horas

G24.gal 21/07/2023 08:31 Última actualización 21/07/2023 13:26

O prazo para votar por correo nas eleccións xerais do 23 de xullo concluiu ás 14:00 horas, despois da decisión da Xunta Electoral Central (XEC) de atender a solicitude de Correos e dar unhas horas máis de marxe para poder depositar o voto postal.

Un total de 2,46 millóns de electores depositaron xa o seu voto nas oficinas de Correos, o que representa o 93,8 por cento das solicitudes, á espera de contabilizar o voto postal que aínda pode entregarse ata as dúas da tarde. 

Nun comunicado, Correos incide en que á espera dos datos definitivos, este número de votos por correo representa xa a cifra máis alta de voto postal rexistrada na historia da democracia española, o que "demostra o éxito na xestión do voto por correo".

Con todo, o número de documentacións electorais que continuaban sen recoller polos cidadáns á apertura das oficinas, era de 123.822. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade