Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PP pon na diana a Grande-Marlaska pola xestión da DINA

O PP pon na diana a Grande-Marlaska pola xestión da DINA

Acúsao de desprotexer a poboación ao non declarar o estado de emerxencia e actuar con máis celeridade

G24.gal 19/11/2024 20:40

No Senado, os populares cargaron as tintas contra o ministro do Interior, ao que acusaron de non exercer as súas responsabilidades como encargado da seguridade pública. Grande-Marlaska argumentou que a Generalitat tiña información abondo para lanzar as alertas.

"Vostede tivo toda a información ao seu alcance antes de que empezara o desastre e non fixo nada. Renunciou a cumprir coas súas obrigas, renunciou a protexer a cidadanía", dixo Paloma Martín, senadora do PP

"Eu a iso chámolle medo, hipocrisía e cinismo. É non ter a valentía de asumir a responsabilidade. Vostede sabe que a competencia en materia de Protección Civil radica nas comunidades autónomas", respondeu Marlaska.
 

"Era unha emerxencia nacional, ante o perigo tiñan que declarar a emerxencia nacional. Vostede tiña todos os medios ao seu alcance para protexer as persoas e renunciou a facelo", argumenta a senadora do PP.

"A Generalitat tiña toda a información actualizada dispoñible para lanzar unha alerta e non o fixo. Así que xa sabe a quen lle ten que ir preguntar por que", asegurou o ministro do Interior.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade