Cargando resultados...
O PP faise coa alcaldía do Porriño
O popular Alejandro Lorenzo sucede a rexedora socialista Eva García de la Torre
G24.gal
23/12/2021 20:32
Alejandro Lorenzo, do Partido Popular, é o novo alcalde do Porriño. Foi elixido no pleno municipal cos apoios dos 8 concelleiros do seu partido por ser a lista máis votada nas pasadas eleccións locais.
No escrutinio que se celebrou esta tarde empatou coa candidata socialista, Lourdes Moure, quen conseguiu os votos dos edís do PSOE, de EU-Son e do BNG. O único concelleiro de Unión Democrática da Louriña abstívose. A súa antecesora, Eva García de la Torre, que renunciara por presións de EU-Son, xa anunciou que deixará a política.