Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP considera a Sánchez o "último populista que ten que caer en Europa"

O PP considera a Sánchez o "último populista que ten que caer en Europa"

Ester Muñoz defendeu ademais unha inmigración legal e ordenada fronte ao proceso extraordinario de regularización de inmigrantes 

G24.gal 18/04/2026 13:28

A portavoz do PP no Congreso, Ester Muñoz, considerou ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, como o "último populista que ten que caer en Europa" e defendeu a "alternativa real" do Partido Popular fronte ao Goberno.

A portavoz popular participou este sábado xunto ao alcalde de Leganés, no coloquio 'A España que vén: reformas necesarias para garantir o futuro'.

Durante a súa intervención, Muñoz cargou contra o Goberno, ao que considerou estar contra o Poder Xudicial, e recriminou a Sánchez "estar a seguir paso a paso o manual do populista".

A portavoz repasou as políticas do Goberno nestes últimos anos e resaltou a situación da vivenda con, nas súas palabras, "salarios que non subiron, dificultades para atopar casa" e un Goberno que "nos espreme a impostos".

Segundo Muñoz, Sánchez ten ao país en "estado vexetativo" e non convoca eleccións porque, ao seu xuízo, "vai seguir usando e abusando das institucións para defenderse e protexerse dos casos de corrupción que ten".

Tamén se referiu ao proceso extraordinario de regularización de inmigrantes que comezou esta semana. Un proceso co que non está de acordo o Partido Popular que alerta dos riscos desta medida.

A voceira do PP no Congreso advirte da súa repercusión nos servizos públicos, do efecto chamada e defende unha inmigración, dixo, legal e ordenada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade