Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PP chamará a declarar a Armengol na comisión sobre Koldo no Senado

O PP chamará a declarar a Armengol na comisión sobre Koldo no Senado

Entre hoxe e mañá constitúense as dúas comisións de investigación sobre esta presunta trama corrupta: unha no Senado e outra no Congreso

O PSOE definirá nas vindeiras horas a quen chamarán. Ayuso está en todas as quinielas

Óscar Puente di que hai máis motivos para desconfiar da parella de Ayuso ca da muller do presidente do Goberno

O PP sostén que Armengol permitiu a entrada da trama Koldo nas Baleares cando era presidenta
G24.gal 01/04/2024 14:28

O caso Koldo recupera foco político e mediático. Constitúense as dúas comisións de investigación que tratarán de descifrar a letra pequena desa presunta trama corrupta. A do Senado será a primeira en arrancar. Farao esta tarde. 

Impulsada polo PP, os seus traballos cinguiranse aos contratos públicos realizados durante a pandemia en que intermediou o exasesor do que fora ministro de Transportes socialista, José Luis Ábalos. Estarán sobre a mesa os contratos con gobernos autonómicos coma Baleares ou Canarias.

O PP confirma que chamará a declarar a actual presidenta do Congreso para que explique "por que lle abriu as portas a esta trama". E non descartan facelo mesmo con Pedro Sánchez porque, segundo os populares, o presidente do Goberno "sabía todo o que estaba a pasar".

A do Congreso está impulsada polo PSOE e os seus socios. E ten un foco máis amplo. Centrarase na compra de material sanitario por parte de todas as administracións e polo tanto no só estudarán o caso Koldo. 

O PSOE anunciará nas próximas horas a quen chamará a declarar. A presidenta madrileña está en todas as quinielas. Din no PSOE que "ten que dar moitas explicacións". 

O actual ministro de Transportes di que hai máis motivos para desconfiar da parella de Ayuso ca da muller do presidente do Goberno. Segundo Óscar Puente, as recentes informacións sobre Begoña Gómez e a súa presunta relación co rescate de Air Europa son "un disparate cósmico".

Con estas dúas comisións, máis a que arrancará o día 9 en Baleares, son tres as que intentarán aclarar que hai detrás destes contratos en plena crise da covid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade