Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Porriño acada a 4ª praza cun triunfo sobre o Morvedre (27-19) na última xornada

O Porriño acada a 4ª praza cun triunfo sobre o Morvedre (27-19) na última xornada

As galegas xogarán no play off contra o Elxe, coa volta na casa

O Mecalia Guardés rematou con derrota, xa co primeiro posto asegurado

G24.gal 03/05/2025 21:25

Rematou a fase regular da primeira división de balonmán feminino co triunfo do Porriño ante o Morvedre, co que asegura o cuarto posto e o factor cancha na primeira eliminatoria polo título.

Nada máis acabar o partido, xogadoras e corpo técnico estaban pendentes do móbil para saber o rival nos cuartos. Será o Elxe. E, o máis importante, co encontro de volta na casa, algo que desexaban pola proximidade coa final europea, e a súa viaxe a Islandia para disputar a volta.

O partido estivo totalmente controlado polas galegas, gañaban 15-9 no descanso e acabaron vencendo por un claro 27 a 19. Maider Barros, con 5 tantos, foi a máxima goleadora das galegas.

Mentres, o Guardés perdeu ante o Beti Onak, pero xa tiña asegurado o primeiro posto e enfrontarase nos cuartos de final polo título contra o Aula Valladolid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade