Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra inicia mañá a final polo ascenso no Villamarín (19:00 h G2)

O Pontevedra inicia mañá a final polo ascenso no Villamarín (19:00 h G2)

G24.gal 25/05/2024 14:03

Chegou a hora da verdade para o Pontevedra, que afronta mañá, no Benito Villamarín, o partido de ida do play off de asceso á Primeira Federación fronte ao Betis Deportivo. Toño Calvo, autor de dous goles que deron a vitoria aos pontevedreses fronte ao Deportivo Aragón, asegura que o choque chega nun bo momento e que os xogadores están tranquilos.

O feito de que o conxunto verde e branco abra unha tribuna de preferencia para todos os seareiros, socios e non socios, non preocupa ao centrocampista granate.

Para Calvo tampouco é un problema que o cadro andaluz poida contar neste partido con xogadores con nivel de Primeira División.

O encontro, que finalmente se disputará as sete da tarde, atrasouse dúas horas, por mor das altas temperaturas que se agardan en Sevilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos