Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pontevedra golea ao Laredo (4-2) e asegura o ascenso á 1.ª RFEF a falta de dúas xornadas

O Pontevedra golea ao Laredo (4-2) e asegura o ascenso á 1.ª RFEF a falta de dúas xornadas

Foto: @PontevedraCFSAD
G24.gal 20/04/2025 19:40

O Pontevedra púxolle o ramo a unha temporada histórica, na que tumbou varios equipos superiores na Copa do Rei e se proclamou campión do grupo primeiro da 2.ª Federación para recuperar a praza que perdía hai dous anos na 1.ª RFEF.

O título de campión asegurárono os de Yago Iglesias cunha goleada en Pasarón ao Laredo, o pechacancelas da categoría, ao que non lle deron opción. Vencérono por 4 a 2, cos goles de ÁLex, Yelko, Dalisson e Irazu. Por parte do equipo cántabro, anotou dous goles Arruabarrena.

Nada máis asubiar o colexiado, os 10.300 espectadores que ateigaban Pasarón festexárono cos seus futbolistas. O Pontevedra volve ser de bronce.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade