Cargando resultados...
O persoal do Concello de Cangas cobra o luns a nómima de maio por culpa dun virus informático
Encriptou os datos dos discos duros municipais

G24.gal
04/06/2023 20:09
Con algo de atraso, o persoal do Concello de Cangas vai cobrar este luns a nómina de maio. A empresa que elabora as nóminas deixounas preparadas o venres.
Ao parecer, o virus informático encriptou os datos dos discos duros municipais pero os técnicos puideron ir recompoñéndoos e recuperando a contabilidade e as nóminas dos máis de 200 funcionarios e persoal laboral do concello.