Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Pequebasket xunta a cincocentos pequenos en Carballo

O Pequebasket xunta a cincocentos pequenos en Carballo

Organizado pola Escola Basket Xiria, chega á súa novena edición coa participación de 42 equipos de toda Galicia

A nova Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego reparte 600 moletes de pan aos asistentes

G24.gal 17/05/2023 14:39 Última actualización 17/05/2023 16:25

A IX edición do Pequebasket reuniu en Carballo preto de 500 cativos de entre 5 e 8 anos procedentes de 42 clubs de toda Galicia. Organizado pola Escola de Basket Xiria, con actividade en toda a comarca de Bergantiños, xurdiu en 2013 para darlle representación aos máis pequenos e pequenas que aínda non están en idade para competir. Como sinala Primitivo Regueiro, presidente do Basket Xiria "O marcador só leva tempo, non tanteo. Trátase de facerlle unha homenaxe ao deporte base e que os máis pequenos e as súas familias desfruten deste día".

Desde as dez e media da mañá ata as cinco da tarde o Polideportivo Bergantiños de Carballo acolle 120 partidos que se van celebrando simultaneamente en 7 pistas, tanto en interior como ao aire libre. Ademáis do baloncesto a organización habilitou outras actividades lúdicas coma castelos hinchables e coches a pedais.

E para recuperar forzas a nova Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego fixo unha campaña de promoción na que repartiu seiscentos moletes entre os asistentes. "É o segundo ano que o facemos e ademáis do pan tamén lles contamos como é o seu proceso de elaboración de xeito tradicional para que aprendan a valoralo", indicou Primitivo Regueiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos