Publicador de contidos

Publicador de contidos

Musa volve a Lugo para xogar contra o Breogán

Musa volve a Lugo para xogar contra o Breogán

Falamos en exclusiva co xogador bosníaco, que está a seguir a gran temporada do seu exequipo

G24.gal 08/04/2023 13:22

Esta tarde vívese unha xornada especial en Lugo coa visita do Real Madrid e coa chegada do ídolo breoganista Dzanan Musa

Musa foi recibido por numerosos afeccionados á súa chegada ao hotel de concentración, e agradeceu as mostras de agarimo no micrófono da TVG. "Non sei que agardar, pero a xente no hotel deume moito amor, como sempre en Lugo. Espero unha grande atmósfera no partido"

Sobre o seu agora rival, o Breogán, dixo que "están a facer unha gran temporada. Non esperaba tanto, pero estou feliz pola xente de Lugo. Meréceno e oxalá xoguen o play off".

E tamén tivo tempo de confirmar unha das súas paixóns. "Vas comer polbo? Por suposto. Cando remate o partido comerei polbo. Sempre!"

O Río Breogán afronta o partido co ánimo de dar a sorpresa diante do líder e, se cadra, recuperar o seu mellor nivel no Pazo. Este ano gañou sete partidos como visitante e cinco na casa. Os dous últimos remataron ademais con claras derrotas, fronte ao Zaragoza e Joventut.

Arteaga recoñece que "Xogando fóra da casa preparamos os partidos doutro xeito, motivámonos nós mesmos. Aquí, co apoio do público, temos que facer o mesmo. Xogar contra o Madrid sempre é divertido e bonito, imos das o 100 %"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade