Publicador de contidos

Publicador de contidos

A extrema dereita alemá vence con folgura na rexión de Saxonia-Anhal

A extrema dereita alemá vence con folgura na rexión de Saxonia-Anhal

Segundo as sondaxes a pé de urna, o partido AfD roza a maioría absoluta co 44% dos votos

Partidarios do AfD celebran os resultados provisionais. REUTERS/Thilo Schmuelgen Partidarios do AfD celebran os resultados provisionais. REUTERS/Thilo Schmuelgen
G24.gal 06/09/2026 18:46 Última actualización 06/09/2026 19:34

O partido ultradereitista Alternativa para Alemaña (AfD) gañou este domingo as eleccións na rexión oriental de Saxonia-Anhalt, ao conseguir un 44% dos votos, segundo as sondaxes a pé de urna.

Esta porcentaxe sitúa a formación ás portas da maioría absoluta e do acceso a un goberno rexional dunha formación de extrema dereita por primeira vez no país centroeuropeo.

De acordo coas enquisas dos institutos Infratest dimap e Forschungsgruppe Wahlen para as televisións públicas ARD e ZDF, respectivamente, AfD obtén entre un 44% e un 44,5%.

A ultradereita impúxose á Unión Cristianodemócrata (CDU) do primeiro ministro rexional, Sven Schulze, que queda co 18,5% das papeletas, segundo os datos das dúas empresas.

A Esquerda é a terceira forza máis votada, con entre o 9% e o 9,5% do total, mentres que Os Verdes logran un 8,5%. O Partido Socialdemócrata de Alemaña acada entre un 8% e un 9%.

Os liberais do FDP, que formaban parte do goberno de coalición que lideraba Schulze xunto ao Partido Socialdemócrata (SPD), non superan a barreira do 5%, e a Alianza Sahra Wagenknecht (BSW) sitúase moi preto desa porcentaxe, entre un 4,8% e un 5%.

Comparecencia de Sven Schulze en Magdeburg.  REUTERS/Liesa Johannssen Comparecencia de Sven Schulze en Magdeburg. REUTERS/Liesa Johannssen

A entrada ou non do BSW no parlamento rexional será clave xa que, no caso de quedar por baixo do 5%, AfD podería gobernar con maioría absoluta cun número de deputados de ata 43 nunha cámara de 83 deputados, segundo os datos de Infratest dimap.

A participación nas eleccións bateu marcas, ao chegar ao 76,5%. Ata a data, a maior participación nas eleccións rexionais de Saxonia-Anhalt producírase no 1998, oito anos despois da Reunificación de 1990, cando o 71,5% do corpo electoral compareceu ante as urnas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade