Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Parlamento británico abre o seu ano sen a raíña por primeira vez desde 1963

O Parlamento británico abre o seu ano sen a raíña por primeira vez desde 1963

Isabel II non puido ler o tradicional Discurso da Raíña por "problemas de mobilidade"

O príncipe Carlos foi o encargado de ler as grandes liñas do Goberno para o novo curso lexislativo

G24.gal 10/05/2022 12:41 Última actualización 10/05/2022 13:46

O ano parlamentario do Reino Unido foi inaugurado este martes cun discurso do príncipe Carlos, herdeiro da Coroa británica, e coa ausencia por primeira vez desde 1963 da soberana, Isabel II, por motivos de saúde.

O príncipe de Gales leu as grandes liñas do Executivo británico para o curso lexislativo que se inaugura formalmente con esta cerimonia.

A pesar de que a vontade da soberana, de 96 anos, era estar presente neste acto, un dos máis simbólicos e representativos do exercicio monárquico, a última hora do luns, o Palacio de Buckingham anunciou a súa ausencia. "A raíña segue experimentando problemas episódicos de mobilidade e, en consulta cos seus doutores, decidiu ao seu pesar que non participará na apertura do Parlamento", sinalou o palacio nun comunicado.

Trátase só da terceira vez ao longo do seu reinado en que Isabel II non puido ler o Discurso da Raíña. Nas dúas ocasións anteriores a monarca non participou debido aos seus embarazos dos príncipes Andrés, en 1959, e Eduardo, en 1963.

Na cerimonia, ademais do príncipe de Gales, tamén estivo presente o neto da raíña e segundo na liña de sucesión, Guillermo, duque de Cambridge. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade