Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense perde en Langreo (3-1) e queda moi preto do perigo

O Ourense perde en Langreo (3-1) e queda moi preto do perigo

Os de Rubén Domínguez pagaron o seu mal inicio

Gabri Palmás meteunos no partido, pero Bayo sentenciou na segunda metade

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 26/02/2023 21:34

O Ourense C. F. está complicando o seu futuro na Segunda Federación, e a derrota en Langreo diante dun rival directo déixao a tiro do posto de play out. Os galegos perderon axiña as opcións logo de que o Langreo acadase dous goles de renda antes da media hora.

Chus Ruiz inaugurou o marcador no minuto 21, cun remate raso desde a frontal da área. E so tres despois, unha acción de Ebuka sobre Arzálluz no lateral era castigada cun penalti polo árbitro. O propio Mikel Arzálluz era o encargado de ampliar a renda.

Pero os das Burgas volvéronse meter no partido antes do descanso. Gabri Palmás evidenciou o seu grande estado anotador acurtando diferenzas no minuto 38. Aproveitou un rexeitamento despois do remate de Tiago a centro de Hugo Sanz.

Pero o 2-1 co que os equipos marcharon aos vestiarios non durou moitos minutos. E a culpa tívoa o tanto de Bayo aos once minutos da continuación. Gol que rubricou o triunfo que non saca o Langreo do descenso pero déixao a cinco puntos do Ourense C. F.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos