Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense consegue a vitoria en Pasarón e medio ascenso de categoría

O Ourense consegue a vitoria en Pasarón e medio ascenso de categoría

Dous golazos nun minuto incrible danlle a vitoria ao Ourense en Pasarón

G24.gal 21/04/2024 19:14

Partido en Pasarón moi importante para os dous equipos galegos que se enfrontaban, a primeira praza en xogo no campo. Comezaba a xornada cos dous equipos empatados a 64 puntos pero co average particular empatado tras o 0-0 da ida e o xeral gañado por parte do Pontevedra.

Comezaba o partido cun control total do Pontevedra, da posesión e das ocasións, aínda que estas non eran moi claras. Esta foi a tónica xeral do partido con ocasións de Rufo, Chiqui, e o ataque ourensán controlado pola zaga pontevedresa.

A segunda metade comezaba como acabou a primeira, co dominio do equipo local, ata que chegou o gol do Ourense. Nun minuto incrible o Ourense con dous golazos, un á saída dun córner, e o outro un zapatazo dende fóra da área, liquidou o partido, o golpe foi moi grande e o Pontevedra non puido facer nada. O Ourense é líder a falta de dúas xornadas e gaña o average particular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos